Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUN POSTO DE PION NO CONCELLO DE VILAMARÍN

30 Mar 2023

Traballará durante 6 meses a xornada completa

O concello de Vilamarín fai público no BOP do 30 de marzo, unha vez aprobadas as bases que rexerán a contratación por concurso dun/dunha 1 pión/pioa forestal en réxime laboral temporal, o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso.

1. Número de prazas: 1

2. Denominación: pión forestal

3. Modalidade de contratación: xornada completa

4. Sistema de selección: concurso.

5. Duración do contrato: 6 meses.

6. Prazo e lugar de presentación das solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello de Vilamarín, situado na Avda. Santiago Apóstolo, núm. 5 (32101 – Vilamarín), en horario de 09:00 a 14:00 horas, ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común de las administracións públicas.

7. Bases: o texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica: vilamarin.sedelectronica.es

Volver