Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUN POSTO DE PIÓN NO CONCELLO DE LEIRO

12 Abr 2021

O contrato ten unha duración aproximada de dous meses e medio

Convocatoria do concello de Leiro feita pública no BOP do 12 de abril para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas o 6 de abril de 2021:

1.- Número e denominación da praza: un/unha traballador/a para prestar servizo como pión de servizos múltiples

2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada completa (40 horas semanais)

3.- Duración do contrato: até fin de obra (aproximadamente 2,5 meses)

4.- Sistema de selección: concurso-oposición

5.- Lugar e prazo de presentación de instancias: no rexistro do concello, de 9:00 a 14:00 h, ou por calquera dos medios admitidos en dereito, durante o prazo de cinco días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

6.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección atópase a disposición do público no concello, na páxina web (http://www.concellodeleiro.com/) e na sede electrónica (https://leiro.sedelectronica.es/)

Volver