OFERTA DUN POSTO DE PIÓN FORESTAL NO CONCELLO DE CORTEGADA
Trátase dun contrato deica o 28 de outubro
O concello de Cortegada fai pública no BOP do 25 de agosto nova convocatoria para a contratación laboral dunha brigada de prevención e defensa contra os incendios forestais 2022, ao abeiro do convenio coa consellaría do Medio Rural, segundo as bases aprobadas pola xunta de goberno do 21 de xuño de 2022:
1. Número e denominación das prazas: 1 pión forestal.
2. Modalidade de contratación: temporal de duración determinada (DA quinta do RDL 32/2021, do 28 de decembro), a xornada completa.
3. Duración do contrato: até o 28 de outubro.
4. Sistema de selección: concurso-oposición.
5. Lugar e prazo de presentación de instancias: 2 días hábiles, contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
6. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección poderase obter nas oficinas municipais e na sede electrónica do concello.