OFERTA DUN POSTO DE OPERARI@ DE SERVIZOS NO CONCELLO DE SAN XOAN DE RIO
Trátase dunha oposición libre
A alcaldía do concello de San Xoán de Río (Ourense), fai público no BOP do 13 de novembro mediante resolución n.º 73, do 8 de novembro de 2018, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria das probas de selección para a provisión dun posto de operario/a de servizos do concello de San Xoán de Río, en réxime de contratación laboral fixo/a e mediante oposición libre. Ábrese o prazo de presentación de solicitudes, que será de 20 días hábiles a contar dende o día seguinte á publicación deste anuncio no BOP e no DOG, último anuncio (de calquera maneira, o prazo contarase a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no DOG). As bases están ao dispor dos aspirantes na páxina web do concello de San Xoán de Río: (www.sanxoanderio.es) Os sucesivos anuncios, cando procedan de conformidade co disposto nas bases, publicaranse no BOP de Ourense e na sede electrónica e taboleiro de edictos do concello. Contra as bases, cuxa aprobación pon fin á vía administrativa, pódese interpor, alternativamente, ou un recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes contado dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante a alcaldía deste concello de San Xoán de Río, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, ou un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, se este radica en Galicia, no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso- administrativa. Se se optase por interpor o recurso de reposición potestativo, non se poderá interpor un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou de producirse desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida exercitarse calquera outro recurso que estime oportuno. A presentación de recursos non producirá a suspensión do procedemento. Este só se producirá, se así o resolve a Alcaldía mediante resolución motivada ou resolución xudicial firme.

