Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUN POSTO DE MONITOR/A DEPORTIVO NO CONCELLO DE VILAMARÍN

04 Nov 2021

Trátase dun contrato dun ano de duración

O concello de Vilamarín fai público no BOP do 4 de novembro que, unha vez aprobadas as bases que rexerán a contratación por concurso dun/dunha monitor/a deportivo/a para o ximnasio municipal en réxime laboral temporal por 15 horas á semana, publícase o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso.
1. Número de prazas: 1.
2. Denominación: monitor/a deportivo/a ximnasio municipal
3. Modalidade de contratación: contrato por obra ou servizo, e duración determinada por 15 horas á sema.
4. Sistema de selección: concurso.
5. Duración do contrato: 12 meses
6. Prazo e lugar de presentación das solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do Concello de Vilamarín, situado na Avda. de Santiago Apóstol, núm. 5 (32101 – Vilamarín), en horario de 09:00 a 14:00 horas, ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/2015, do 1 de octubre, del procedimiento administrativo común de las administraciones públicas.
7. Bases: o texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica vilamarin.sedelectronica.es.

Volver