OFERTA DUN POSTO DE MONITOR/A DE TEMPO LIBRE NO CONCELLO DE RAIRIZ DE VEIGA
Trátase dun contrato a media xornada
Publicada no BOP do 5 de xuño a convocatoria para a contratación laboral dun/dunha monitor/a de educación e tempo libre para un campamento de verán no concello de Rairiz de Veiga
Número de prazas que se convocan: 1
Denominación do posto: monitor/a de tempo libre
Modalidade da contratación: contrato de duración determinada por obra ou servizo determinado a media xornada
Horario laboral: será conforme á planificación dos traballos que para o efecto sinale a Alcaldía, distribuído segundo as necesidades do servizo; respectarase, en todo caso, o cumprimento máximo de horas previsto na normativa vixente
Funcións: as propias do posto de traballo de monitor/a de educación e tempo libre
Sistema de selección: concurso
Duración do contrato: 2 meses
Salario bruto mensual: 620,75 € (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias)
Prazo e lugar para presentar as solicitudes: 3 días hábiles, que contarán a partir do día seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP; no Rexistro Xeral do concello, en horario de 9.30 a 13.30 horas. O texto íntegro das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica do Concello de Rairiz de Veiga https://rairizdeveiga.sedelectronica.gal/info

