OFERTA DUN POSTO DE LIMPADOR/A SUBALTERNA/O NO CONCELLO DE CASTRO CALDELAS
Traballará no CPI Virxe dos Remedios
O concello de Castro Caldelas fai pública no BOP do sábado 27 a convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal para o seguinte posto de traballo:
1. Número e denominación da praza: 1 limpador/subalterno dos colexios e instalacións dependentes do CPI Virxe dos Remedios
2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal, a xornada completa para a cobertura temporal do posto de traballo de limpador dos colexios e instalacións dependentes do CPI Virxe dos Remedios no concello de Castro Caldelas, durante o tempo que medie no proceso de selección para a súa cobertura definitiva, mediante contrato fixo da praza incluída na OPE extraordinaria, aprobada por Decreto do día 9 de maio de 2022.
3. Duración do contrato: ata a finalización do proceso de selección indicado no punto 2.
4. Sistema de selección: concurso de méritos.
5. Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles, contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP de Ourense, no rexistro do concello de Castro Caldelas ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
6. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal, http://castrocaldelas.sedelectronica.gal