Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUN POSTO DE LIMPADOR/A NO CONCELLO DE TOEN

21 Dec 2021

A duración do contrato é de 2 meses

O concello de Toen fai público no BOP do 21 de xaneiro que, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir 1 posto de traballo de persoal laboral temporal, o resumo da convocatoria para coñecemento xeral e chamamento ao proceso selectivo (exp. 568/2021).
- Número e denominación do posto: 1 limpador/a para as instalacións de titularidade municipal
- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo
- Duración do contrato: 2 meses
- Sistema de selección: concurso de méritos
- Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica
municipal: (https://concellodetoen.sedelectronica.es)
- Prazo e lugar de presentación de solicitudes: 5 días naturais, que contarán desde o día seguinte ao de publicarse este anuncio no Boletín Oficial da Provincia, no Rexistro Electrónico do Concello de Toén dispoñible na sede electrónica no Rexistro do Concello de Toén: https://concellodetoen.sedelectronica.es, na oficina de asistencia en materia de rexistros situada na Rúa Ribadela, 1, 32930, Toén, en horario de 8.30 a 14.30 h, ou por calquera outro medio dos que establece o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Volver