OFERTA DUN POSTO DE LIMPADOR/A NO CONCELLO DE CHANDREXA DE QUEIXA
Trátase dun contrato temporal para cubrir ó titular durante as vacacións
O concello de Chandrexa de Queixa fai pública no BOP do 18 de novembro a convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal para a substitución da titular para cubrir o período vacacional para o posto de traballo dun/ha limpador/a das dependencias municipais no concello de Chandrexa de Queixa. O concello de Chandrexa de Queixa abre o prazo de presentación das instancias para a participación no proceso de selección por concurso de méritos, que será de cinco (5) días hábiles a computar a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (18/11/17). Os/As interesados/as poderán consultar as bases de selección nas oficinas municipais en horario de 9.00 a 14.30 e na páxina web do concello: www.chandrexadequeixa.es/index.php/gl/ (apartado Portal da Transparencia).

