Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUN POSTO DE LIMPADOR/A NO CONCELLO DA BOLA

15 Mar 2023

Trátase dun contrato de 3 meses prorrogable

O concello da Bola fai público no BOP do mércores 15 de marzo que por resolución da alcaldesa, do 9 de marzo de 2023, aprobáronse as bases para a selección e posterior contratación dun posto de persoal de limpeza ou limpador/a.

Duración do contrato: será de 3 meses, prorrogable por outros 3 meses.

Clase de persoal: laboral temporal, por circunstancias da produción.

Prazo de presentación das solicitudes: nos tres días hábiles seguintes ao de publicarse o anuncio da convocatoria no BoletínOficial da Provincia, no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres; ou por calquera dos que establece a lei. Máis información nas bases da convocatoria, que poderán ser consultadas no concello da Bola, en horario de oficina.

Volver