Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUN POSTO DE FUNCIONARIA/O INTERINA/O NO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO

10 Dec 2021

É un posto de axente TIC

O concello de Castrelo de Miño fai pública no BOP do 10 de decembro a convocatoria para a contratación dun/dunha axente TIC como funcionario/a interino/a por programas mediante o sistema de concurso-oposición para a aula CEMIT de Castrelo de Miño Unha vez aprobadas as bases reguladoras da selección para a cobertura con persoal funcionario interino por programas dun/dunha axente TIC, publícase resumida a convocatoria para xeral coñecemento:

1. Número e denominación do posto: un (1) axente TIC

2. Modalidade de contratación: funcionario interino por programas a xornada parcial.

3. Sistema de selección: concurso-oposición.

4. Bases da convocatoria: publicadas integramente no taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello:
https://castrelo.sedelectronica.gal

5. Prazo e lugar de presentación de solicitudes: cinco (5) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do concello de Castrelo de Miño, en horario de 08:30 a 14:30 horas; na sede electrónica do concello ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

Volver