Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUN POSTO DE CONSERXE LIMPADOR/A NO CONCELLO DE XUNQUEIRA DE AMBÍA

12 Xul 2021

Traballará no CEIP do concello de Xunqueira de Ambía

O concello de Xunqueira de Ambía, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir 1 posto de traballo de persoal laboral temporal, publica o resumo da convocatoria para coñecemento xeral e chamamento ao proceso selectivo (exp. 205/2021).
Número e denominación dos postos: 1 conserxe-limpador/a do CEIP do concello de Xunqueira de Ambía
Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo
Duración do contrato: do 01/08/2021 ao 30/06/2022
Sistema de selección: concurso
Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica
municipal https://xunqueiradeambia.sedelectronica.es
Prazo de presentación das solicitudes: 5 días hábiles, que contarán desde o día seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP, no rexistro do concello de Xunqueira de Ambía  (praza San Rosendo,1, 32670 Xunqueira de Ambía), en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou por calquera outro medio admitido en dereito.

Volver