OFERTA DUN POSTO DE CHÓFER MOTOBOMBA NO CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN
Trátase dun contrato de seis meses de duración
O concello de Calvos de Randín fai pública no BOP do 12 de febreiro a convocatoria para a contratación laboral dun condutor/a de motobomba, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 26/01/2021
1º.- Número e denominación das prazas: 1 praza de condutor/a de motobomba.
2º.- Modalidade da contratación: contrato laboral a xornada completa.
3º.- Duración do contrato: seis meses.
4º.- Sistema de selección: concurso de méritos.
5º.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días naturais, contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, (se o último día cae en sábado ou domingo, pasará ao luns seguinte), no Rexistro do Concello de Calvos de Randín, en horario de 09:00 a 14:00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. No caso de presentar a instancia noutro organismo oficial, remitirá ao correo electrónico deste concello (concello.calvosderandin@eidolocal.es) copia desta o mesmo día da súa presentación, debidamente selada polo organismo oficial.
6º.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.