OFERTA DUN POSTO DE CHOFER DE TRACTOR ROZADORA NO CONCELLO DE TOEN
Trátase dun contrato a xornada completa deica a fin de 2022
O concello de Toén fai público no BOP do 14 de decembro que unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir 1 posto de traballo de persoal laboral temporal, o resumo da convocatoria para coñecemento xeral e chamamento ao proceso selectivo (exp. 552/2021).
- Número e denominación do posto: 1 condutor/a de máquina rozadoira
- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado, a tempo completo
- Duración do contrato: ata o 31/12/2022
- Sistema de selección: concurso de méritos
- Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica
municipal (https://concellodetoen.sedelectronica.es)
- Prazo e lugar de presentación das solicitudes: 5 días naturais, que contarán desde o día seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP, no Rexistro Electrónico do Concello de Toén dispoñible na sede electrónica, no Rexistro do Concello de Toén https://concellodetoen. sedelectronica.es , na oficina de asistencia en materia de rexistros situada na rúa Ribadela 1, 32930, Toén, en horario de 8.30 h a 14.30 h ou por calquera outro medio establecido no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

