OFERTA DUN POSTO DE CHÓFER DE TRACTOR ROZADORA NO CONCELLO DE PETÍN
O concello de Petín fai público no BOP do 11 de marzo, logo de ser aprobadas, por resolución da alcaldía n.º 2019-0043 con data 6/03/2019, as bases e a convocatoria para a contratación, en réxime de persoal laboral, dunha praza de chofer de tractor-desbrozadora, mediante o sistema de concurso-oposición
Logo de ser aprobadas, por Resolución da Alcaldía n.º 2019-0043 con data 6/03/2019, as bases e a convocatoria para a contratación, en réxime de persoal laboral, dunha praza de chofer de tractor-desbrozadora, mediante o sistema de concurso-oposición, ábrese o prazo de presentación de solicitudes, que será de 5 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense. Xúntanse as bases reguladoras que rexeran a convocatoria:
Número de prazas: 1 Modalidade da contratación: contrato por obra ou servizo determinado (6 meses), a tempo completo.
Horario do contrato: 40 horas semanais, 8 horas ao día, conforme a planificación dos traballos que ao efecto sinale o alcalde do Concello de Petín.
Denominación do posto: chofer de tractor-desbrozadora.
Salario bruto mes, incluíndo pagas extras: 1.162,98 €
Tarefas a realizar: levar a cabo co tractor rozadora traballos de limpeza e roza de camiños, zonas verdes e análogos no concello de Petín, relacionados coas tarefas de limpeza das marxes das redes viarias municipal e provincial, e todas aquelas relacionadas co servizo que a Alcaldía lle asigne.
Prazo de presentación das solicitudes no concello e modelo de instancia: No prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP de Ourense

