Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUN POSTO DE CHOFER DE TRACTOR ROZADOIRA NO CONCELLO DA TEIXEIRA

12 Mai 2022

Trátase dun contrato de 6 meses de duración

O concello da Teixeira fai público no BOP do 12 de maio que, por resolución do alcalde, do día 3 de maio de 2022, aprobáronse as bases para a selección e posterior contratación dun/dunha chofer para o tractor rozadoira.

Duración do contrato: 6 meses

Clase de persoal: laboral temporal

Prazo de presentación das solicitudes: nos cinco días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, no Rexistro Xeral do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres ou na forma prevista no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo, neste caso, os interesados deberán comunicarllo ao Concello mediante telegrama ou telefax (988 207 445) durante o mesmo prazo e horario que o de presentación de instancias. Se o quinto día fose festivo ou sábado, o prazo finalizaría o seguinte hábil. Máis información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no concello da Teixeira, en horario de oficina ou na sede electrónica concelloateixeira.sedelectronica.gal

Volver