Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUN POSTO DE AUXILIAR DE INFANCIA NO CONCELLO DE CARBALLEDA DE VALDEORRAS

12 Set 2022

É un contrato de substitución

O concello de Carballeda de Valdeorras fai público no BOP do 12 de setembro que, unha vez aprobadas, por resolución da alcaldía do 6 de setembro de 2022, as bases que rexerán a selección para a contratación, como persoal laboral temporal de duración determinada (substitución por causa de baixa por maternidade da traballadora actualmente contratada para a prestación do servizo do Punto de Atención á Infancia-PAI de Sobradelo), dun/dunha auxiliar de xardín de infancia do Punto de Atención á Infancia en Sobradelo, publícanse no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, no taboleiro de edictos deste concello e no taboleiro de anuncios da páxina web do concello (concellocarballedavaldeorras.com), ao mesmo tempo que se anuncia o prazo de presentación das solicitudes.

1.ª As presentes bases teñen por obxecto regular a contratación temporal a xornada completa dun/dunha auxiliar de xardín de infancia do servizo de Atención á Infancia, na modalidade contractual de duración determinada, por substitución da traballadora que actualmente presta o dito servizo, quen se atopa en situación de “baixa por maternidade”, con duración do contrato até a incorporación da traballadora substituída. Constitúe o obxecto do contrato o desenvolvemento das funcións propias de atención integral (coidado, entretemento, aseo persoal, alimentación etc.) aos nenos e nenas de 0 a 3 anos usuarios/as do Punto de Atención á Infancia deste municipio. A retribución mensual será a que, en concepto soldo, actualmente percibe a traballadora contratada que se vai substituír,
en situación de IT, establecida en 1.000,03 €/ mensuais.

2.ª A selección farase mediante a avaliación dos seguintes méritos e de conformidade coa puntuación que se indica:
a) Por cada mes completo de prestación do servizo como auxiliar de xardín de infancia nun PAI (Punto de Atención á Infancia) ou en calquera outro centro público de atención á infancia (0 a 3 anos) dos regulados no Decreto 329/2005 da Xunta de Galicia, ou centro privado (gardería etc.), outorgaranse 0,3 puntos/mes, ata un máximo de 5 puntos. A acreditación dos servizos que se valorarán realizarase mediante unha certificación de servizos expedida pola entidade para a que se prestaron os servizos, contratos de traballo ou calquera outro documento no que quede acreditada a prestación dos servizos que se solicita que se valoren.
b) 1 punto polo coñecemento da realidade física e social do municipio. Acreditarase mediante o certificado de empadroamento neste municipio con anterioridade á data de inicio do prazo de presentación das solicitudes.
c) En caso de empate na puntuación, entrevista persoal polo órgano de selección, co fin de valorar a maior adecuación
dos/as candidatos/as ao posto de traballo. Valorarase o coñecemento das funcións concretas que se desenvolverán e a experiencia e idoneidade da persoa candidata para o posto de traballo ofertado. Poderase outorgar, como resultado da entrevista, unha puntuación máxima de 2 puntos.
3.ª As solicitudes para participar no proceso selectivo, dirixidas á alcaldesa, presentaranse directamente no Rexistro do
Concello, ou remitiranse por fax, en horario de 9.00 a 14.00 horas, dentro do prazo de tres días hábiles a partir da publicación da convocatoria no BOP de Ourense.
4.ª Os/as aspirantes farán constar na súa solicitude que reúnen os requisitos que recolle o artigo 56 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido do Estatuto básico do empregado público; que están en posesión de calquera das seguintes titulacións mínimas: Auxiliar de Xardín de Infancia, Auxiliar de  Enfermería e Puericultor/a; así como que están en posesión ou en disposición de obter o carné de manipulador/a de alimentos. Xunto coa solicitude, achegarase unha copia compulsada do DNI e o número de teléfono, fax ou o correo electrónico para efectuar as comunicacións que procedan.
5.ª O órgano de selección será asignado pola alcaldía de conformidade co que establece o artigo 60 do Estatuto básico do empregado público.
6.ª O/a aspirante seleccionado/a deberá presentar a documentación acreditativa dos requisitos esixidos na base 4.ª no
prazo das 24 horas seguintes á da notificación da súa selección.
7.ª O contrato que se lle realizará á persoa seleccionada será de duración determinada, para a substitución, por causa de baixa por maternidade da traballadora que actualmente está contratada como auxiliar de xardín de infancia do PAI de Sobradelo.

Volver