Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUN POSTO DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR NO CONCELLO DE VILAMARÍN

12 Mai 2021

Trátase dun contrato deica a fin do 2021

O concello de Vilamarín fai público no BOP do 13 de maio, que, unha vez aprobadas as bases que rexerán a contratación por concurso dun/dunha auxiliar de axuda a domicilio en réxime laboral temporal a xornada completa, o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso.
1. Número e denominación dos postos: un/unha auxiliar de axuda a domicilio para o Servizo de Axuda a Domicilio do concello de Vilamarín, mediante concurso, en réxime laboral e con carácter temporal para cubrir, de forma urxente, as vacacións do persoal do Servizo de axuda no Fogar do concello de Vilamarín e até o 31 de decembro de 2021.
2. Servizo: Servizo de Axuda no fogar do concello de Vilamarín.
3. Modalidade de contratación: contrato por obra ou servizo, de duración determinada a tempo completo.
4. Sistema de selección: concurso.
5. Prazo e lugar de presentación das solicitudes: 5 días naturais seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP de Ourense, no Rexistro Xeral do Concello de Vilamarín, situado na Avda. Santiago Apostol, núm. 5 (32101 – Vilamarín), en horario de 09:00 a 14:00 horas, o a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
6. Bases: o texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica: vilamarin.sedelectronica.es

Volver