Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUN POSTO DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR NO CONCELLO DE CARBALLEDA DE VALDEORRAS

05 Mar 2022

Cubrirá unha baixa de maternidade

Publicadas no BOP do 5 de marzo as bases que rexerán a selección para a contratación a tempo parcial no concello de Carballeda de Valdeorras como persoal laboral temporal de duración determinada dun/dunha auxiliar de axuda a domicilio para cubrir unha baixa por maternidade e formación dunha bolsa de emprego para outras posibles contratacións por substitución de traballadores/as, ou por causa de incremento de prestación do servizo.

1ª. Estas bases teñen por obxecto regular a contratación laboral temporal a tempo parcial de duración determinada dun/dunha traballador/a para cubrir a baixa por maternidade da traballadora que actualmente presta o servizo, así como a creación dunha bolsa de emprego para outras posibles contratacións por substitución de traballadores/as, ou por causa de incremento de prestación do servizo. A retribución correspondente á substitución de baixa por maternidade da traballadora que actualmente presta o servizo será de 863,53 € brutos/mensuais, incluída a parte proporcional das pagas extras e gastos de locomoción, correspondente á prestación do servizo de axuda a domicilio durante 27 horas á semana.
2ª. As/os solicitantes que non sexan seleccionadas/os, pasarán a formar parte dunha bolsa de emprego, por estrita orde de puntuación, para cubrir outras posibles contratacións temporais por causa de substitución dos/as traballadores/as que prestan o servizo, ou por incremento das necesidades do servizo, coas retribucións correspondentes aos/as traballadores/as que sexan obxecto de substitución, e co prezo por hora de prestación do servizo vixente que perciban os/as traballadores/as do servizo de axuda a domicilio.
3ª. A selección farase mediante a avaliación dos seguintes méritos e de conformidade coa puntuación que se indica:
a) 0,3 puntos, ata un máximo de 2 puntos, por cada mes completo de prestación do servizo de axuda a domicilio en calquera das súas modalidades (básica ou dependencia). A prestación efectiva de servizos acreditarase achegando a documentación xustificativa dos servizos de axuda a domicilio prestados mediante contrato nunha entidade pública ou nunha entidade privada (Xustificarase documentalmente o tempo de duración de prestación dos servizos de axuda a domicilio que se alegue para a súa valoración).
b) Por estar en situación de paro: 1 punto.
c) 1 punto por estar en posesión ou en condicións de obtelo no momento de finalización do prazo de presentación de instancias, polo menos, do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio, ou do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, regulados no Real decreto 1379/2008, do 1 de agosto, publicado no BOE número 218, do día 9 de setembro de 2008.
d) 1 punto pola acreditación do coñecemento da lingua galega do nivel Celga 1 ou equivalente.
e) 2 puntos por acreditar vinculación territorial e coñecemento da realidade física e social do municipio. Acreditaranse
ambos os extremos mediante certificado de empadroamento neste municipio con anterioridade á data de inicio do prazo de presentación de solicitudes.
f) Entrevista persoal polo órgano de selección, co fin de valorar a maior adecuación dos/as candidatos/as ao posto de traballo, para valorar o coñecemento das funcións concretas para desenvolver; o coñecemento de organización e realidade socioeconómica deste municipio, a experiencia e idoneidade do candidato/a para o posto de traballo ofertado, así como a adecuación dos solicitantes aos requisitos específicos que ha de cumprir o persoal para a estación do servizo de axuda a domicilio,de conformidade co previsto na Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda a domicilio (DOG nº 22 do 2/02/2009); poderase outorgar como resultado da entrevista unha puntuación máxima de 3 puntos.
g) En caso de empate, terá preferencia o/a candidato/a que obteña maior puntuación na entrevista persoal polo órgano seleccionador.
4ª. As instancias ou solicitudes polas que se solicite participar no proceso selectivo, irán dirixidas á alcaldesa e presentaranse, xunto coa documentación acreditativa dos méritos para valorar, de conformidade co previsto na base anterior, no rexistro do concello, en horario de oficina, de 09.00 a 14.00 horas, dentro do prazo de tres días hábiles a partir da publicación da convocatoria no BOP de Ourense. Se, ao amparo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se presentasen as instancias no rexistro doutra administración pública ou en Correos, os solicitantes deberán comunicarlle a súa presentación ao concello mediante un fax ao nº 988 335 379) ou un correo electrónico ao enderezo administración@concellocarballedavaldeorras.com, con anterioridade á finalización do prazo de presentación de solicitudes, no que se achegue copia do rexistro de presentación da instancia no que conste a data e hora da súa presentación e a relación dos méritos alegados para a súa valoración segundo as presentes bases.
5ª. Os aspirantes farán constar na súa instancia que reúnen os requisitos previstos no artigo 56 do Real decreto lexislativo 5/2015 do 30 de outubro polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico de emprego público de Galicia. Xunto coa instancia achegarase copia compulsada do DNI, ou documento que proceda no caso de ser estranxeiro, así como correo electrónico, número de teléfono ou fax para efectuar as comunicacións que proceda e de estar en posesión do carné de conducir.
6ª. A lista de admitidos e excluídos será publicada no taboleiro de anuncios do concello ao día seguinte do da finalización de presentación de instancias; e, no seu momento, a lista coa puntuación outorgada a cada aspirante e a proposta de selección.
7ª. O órgano de selección calificador será designado por resolución da Presidencia.
8ª. O/A aspirante seleccionado/a deberá presentar a documentación acreditativa dos requisitos esixidos na base 4ª no día seguinte hábil ao da publicación no taboleiro de anuncios do concello da lista coa puntuación outorgada a cada aspirante e coa proposta do seleccionado.
9ª. O contrato que se lle realizará á persoa seleccionada será de obra ou servizo determinado e redactarase ao amparo do Real decreto 2720/1998, do 18 de decembro.

Volver