OFERTA DUN POSTO DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR NO CONCELLO DA MEZQUITA
É un posto temporal a tempo parcial
No BOP do 20 de maio o concello da Mezquita fai pública a convocatoria da selección de persoal para a provisión dun posto para un/unha auxiliar de axuda no fogar.
A alcaldía, mediante resolución con data 14/05/2021, aprobou as bases ás que se axustará o concurso de méritos para seleccionar e contratar temporalmente a:
Clase de persoal: laboral temporal
Prazas: un/unha auxiliar de axuda no fogar
Modalidade: contrato laboral temporal a tempo parcial de duración segundo as necesidades do servizo.
Sistema de selección: concurso de méritos.
Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello, de 09:00 a 14:00 horas, durante o prazo de tres días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio do BOP.
As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica do concello da Mezquita: http://amezquita.sedelectronica.gal

