OFERTA DUN POSTO DE AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO NO CONCELLO DOS BLANCOS
Tamén se constitúe a bolsa de traballo para o mesmo posto
O concello dos Blancos fai público no BOP do 21 de decembro, por resolución da alcaldía de data 1 de decembro de 2017, onde se aprobaron as bases reguladoras que rexerán a convocatoria do proceso de selección para cubrir unha praza de auxiliar de axuda a domicilio, en réxime laboral, polo sistema de concurso, así como a constitución da bolsa de traballo. A duración do contrato será de 6 meses, en réxime de persoal laboral temporal. A xornada de traballo será de 30 horas semanais, de luns a domingo, fixando dous días de descanso. O horario de traballo será de mañá e tarde. A retribución será de 650,00 € mensuais, incluía a parte proporcional da paga extra. As solicitudes, requirindo tomar parte nas correspondentes probas de acceso nas que os aspirantes farán constar que reúnen as condicións esixidas nestas bases xerais para a praza que se opte,dirixiranse ao alcalde-presidente do concello dos Blancos, e presentaranse no rexistro de entrada deste concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 38.4 da Lei 30/1992, no prazo de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP (21/12/17). As bases reguladoras das probas selectivas poderán consultarse no taboleiro de edictos do concello dos Blancos. Contra estas bases, que poñen fin á vía administrativa, pódese interpor alternativamente ou recurso de reposición potestativo,no prazo dun mes a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio, ante a Alcaldía deste Concello dos Blancos, de conformidade cos artigos 116 e 117 de Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou recurso contenciosoadministrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optase por interpor o recurso de reposición potestativo,non poderá interpor recurso contencioso-administrativo até que aquel sexa resolto expresamente ou se producise a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida exercitar calquera outro recurso que estime pertinente.

