Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUN POSTO DE AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO NO CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN

25 Set 2021

Trátase dun contrato temporal a media xornada

O concello de Calvos de Randín fai pública no BOP do 25 de setembro a convocatoria para a contratación laboral dun/dunha auxiliar de axuda a domicilio durante mes e medio a media xornada, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 22-09-2021:

1º.- Número, denominación, modalidade e duración das prazas:

un/unha auxiliar de axuda a domicilio durante mes e medio a media xornada

2º.- Sistema de selección: concurso de méritos.

3º.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles, contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP ‒se o último día cae en sábado ou domingo, pasará ao luns seguinte‒, no rexistro do concello de Calvos de Randín, en horario de 09:00 a 14:00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. No caso de presentar a instancia noutro organismo oficial, remitirá ao correo deste concello: (concello.calvosderandin@eidolocal.es) copia desta o mesmo día da súa presentación, debidamente selada polo organismo oficial.

4º.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Volver