OFERTA DUN POSTO DE AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO NO CONCELLO DE BALTAR
É un contrato de tres meses de duración
O concello de Baltar fai pública no BOP do 24 de agosto a convocatoria no proceso selectivo para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía no expediente 364/2021:
1. Número e denominación: un/unha auxiliar de axuda a domicilio e creación dunha bolsa de emprego.
2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada parcial (20 horas semanais).
3. Duración do contrato: 3 meses.
4. Sistema de selección: concurso-oposición.
5. Retribucións brutas mensuais: 583,33 €/mes (incluídas pppe).
6. Lugar e prazo de presentación de instancias: 3 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Baltar, en horario de 09:00 a 14:00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
7. Exposición das bases: o texto completo das bases de selecciónestá publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal.