OFERTA DUN POSTO DE AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO NO CONCELLO DA MEZQUITA
Trátase dun contrato laboral temporal
O concello da Mezquita fai pública no BOP do 22 de febreiro a convocatoria da selección de persoal para a provisión dun posto de traballo: 1 auxiliar de axuda a domicilio. A alcaldía, mediante resolución con data 01/02/2018, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para contratar temporalmente a un (1) auxiliar de axuda a domicilio. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello, de 09.00 a 14.00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio do BOP As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica do concello, http://amezquita.sedelectronica.gal

