Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUN POSTO DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO NO CONCELLO DE LAROUCO

11 Feb 2021

O contrato ten unha duración de 9 meses

O concello de Larouco fai pública no BOP do 11 de febreiro a convocatoria para a contratación laboral temporal dun/ha auxiliar administrativo por fomento do emprego de programa temporal (Programa provincial de cooperación cos concellos e a Entidade Menor de Berán en materia de empregabilidade para o exercicio 2021):
1.- Número e denominación das prazas: 1 auxiliar administrativo, xornada a tempo completo.
2.- Modalidade de contratación: obra ou servizo determinado
3.- Duración estimada do contrato: 9 meses.
4.- Sistema de selección: concurso – oposición.
5.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
6.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios e na sede electrónica municipal, https://larouco.sedelectronica.gal

Volver