Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUN POSTO DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA/O NO CONCELLO DE VEREA

15 Xan 2021

É unha praza de persoal laboral temporal

O concello de Verea fai público no BOP do 15 de xaneiro que, por acordo da xunta de goberno local, con data 8 de xaneiro de 2021, aprobáronse as bases e a convocatoria para cubrir unha praza de auxiliar administrativo, en réxime de persoal laboral temporal, a xornada parcial mediante concurso-oposición. Na sede electrónica https://concellodeverea.sedelectronica.gal e no taboleiro de anuncios do concello aparecen integramente publicadas as bases que rexen a convocatoria para a contratación da praza. O prazo de presentación de solicitudes será de cinco días hábiles contado desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica https://concellodeverea.sedelectronica.gal e no taboleiro de anuncios deste concello.

Volver