Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUN POSTO DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA/O NO CONCELLO DE VEREA

17 Nov 2021

Trátase dun posto a xornada completa

O concello de Verea fai público no BOP do 17 de novembro que, por acordo da Xunta de Goberno Local do 15 de novembro de 2021, aprobáronse as bases e a convocatoria para cubrir unha praza de auxiliar administrativo/a, en réxime de persoal laboral temporal, a xornada completa, mediante concurso-oposición.

Na sede electrónica: https://concellodeverea.sedelectronica.gal e no taboleiro de anuncios do concello, aparecen integramente publicadas as bases que rexen a convocatoria para a contratación da praza. O prazo de presentación de solicitudes será de cinco días hábiles, que contarán desde o día seguinte ao de publicarse este anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica https://concellodeverea.sedelectronica.gal e no taboleiro de anuncios deste concello.

Volver