OFERTA DUN POSTO DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA/O NO CONCELLO DE MONTEDERRAMO
Trátase dun contrato de tres meses de duración
O concello de Montederramo fai pública no BOP do 29 de xuño a convocatoria de selección de persoal para a provisión dun posto de traballo de auxiliar administrativo/a para información e atención ao público, durante tres meses a xornada completa, con cargo ao programa de empregabilidade 2021. A alcaldía, mediante a resolución do 24 de xuño de 2021, aprobou as bases ás que se axustará o concurso de selección para a citada praza, como persoal laboral temporal. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello, presencialmente ou a través da sede electrónica municipal, durante o prazo de 5 días naturais desde o seguinte ao de publicarse este anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense. Os modelos e as bases están á disposición do público no taboleiro de anuncios municipal, na web e na sede electrónica.

