OFERTA DUN POSTO DE ADMINISTRATIVO/A INFORMADOR/A TURÍSTICO NO CONCELLO DE MONTEDERRAMO
É un contrato de cinco meses de duración
O concello de Montederramo fai público no BOP do 13 de xuño a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases elaboradas o 7 de xuño de 2022 e aprobadas por resolución da Alcaldía da mesma data.
1. Número e denominación da praza: 1 praza de administrativo/a-informador/a turístico
2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal para a mellora da ocupación e a inserción laboral, a xornada
completa, con horario flexible, incluídas as fins de semana e festivos.
3. Duración do contrato: cinco meses, con data prevista de inicio o 20 de xuño de 2022.
4. Sistema de selección: concurso entre os demandantes de emprego preseleccionados polo SEPE.
Exposición das bases: o texto completo atópase a disposición do público no concello (taboleiro de edictos), na páxina web (www.montederramo.es) e na sede electrónica municipal http://montederramo.sedelectronica.gal Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica [http://montederramo.sedelectronica.gal] e no taboleiro de anuncios.

