Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUN POSTO DE ADMINISTRATIVA/O NO CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN

15 Xul 2021

Trátase dun contrato de seis meses de duración

O concello de Calvos de Randín fai pública no BOP do 15 de xullo a convocatoria para a contratación laboral dun/unha administrativo/a, segundo as bases aprobadas pola resolución da alcaldía do 09/07/2021:
1.º Número e denominación das prazas: administrativo/a
2.º Modalidade de contratación: contrato laboral a xornada completa
3.º Duración do contrato: seis meses
4.º Sistema de selección: concurso de méritos
5.º Lugar e prazo de presentación das solicitudes: 5 días hábiles,que contarán desde o seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP (se o último día for sábado ou domingo, pasará ao luns seguinte), no rexistro do concello de Calvos de Randín, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. No caso de presentar a solicitude noutro organismo oficial, remitirá ao correo deste concello (concello.calvosderandin@eidolocal.es) unha copia dela, o mesmo día en que se presente, debidamente selada polo organismo oficial.
6.º Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Volver