Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUN CONTRATO TEMPORAL NO CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS

15 Mai 2020

Trátase dun posto de oficial de 2ª de electricidade

O concello do Barco de Valdeorras fai pública no BOP do 15 de maio a convocatoria do proceso de selección para a contratación laboral temporal dun/dunha oficial de 2ª de electricidade por un período de 4 meses e 15 días a xornada completa, a través da modalidade contractual de servizo determinado. Esta contratación está subvencionada pola Deputación de Ourense ao abeiro do Programa de cooperación en materia de empregabilidade para o exercicio 2020
Convocatoria do proceso de selección que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas mediante a Resolución da alcaldía con data 30 de abril de 2020:
Denominación do posto:
Contratación laboral temporal, dun/dunha oficial de 2ª de electricidade por un período de 4 meses e 15 días a xornada
completa, a través da modalidade contractual de servizo determinado, para desempeñar as funcións descritas no art. 2 das bases de selección. Unha vez transcorrido o dito período, rematará para todos os efectos a relación laboral co concello. A devandita contratación laboral temporal está subvencionada pola Deputación de Ourense ao abeiro do Programa de Cooperación en materia de empregabilidade para o exercicio 2020, polo que se establece a duración do contrato en función do período máximo subvencionado que se indica na convocatoria de axudas.
*Titulación e requisitos esixidos:
Os esixidos no art. 4º das bases de convocatoria, referidos á data na que remata o prazo de solicitudes, sendo entre outros:
1. Estar en posesión da titulación de graduado/a en Educación  Secundaria Obrigatoria ou titulación equivalente ou estudos superiores. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión do documento que acredite de xeito fidedigno a súa homologación.
2. Ademais, acreditar unha das seguintes titulacións ou competencias, necesarias para poder exercer profesionalmente no ámbito do Regulamento electrotécnico para baixa tensión:
a. Dispor dun título universitario, cuxo plan de estudos cubra as materias obxecto do Regulamento electrotécnico para baixa tensión e das súas instrucións técnicas complementarias.
b. Dispor dun título de formación profesional ou dun certificado de profesionalidade incluído no Catálogo nacional de cualificacións profesionais, cuxo ámbito competencial coincida coas materias obxecto do Regulamento electrotécnico para baixa tensión e das súas instrucións técnicas complementarias.

c. Ter recoñecida a competencia profesional adquirida por experiencia laboral, de acordo co estipulado no Real decreto
1224/2009, de 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral, nas materias obxecto do Regulamento electrotécnico para baixa tensión e das súas instrucións técnicas complementarias.
d. Dispor dun certificado de profesión ou carné vixente para poder traballar no ámbito do REBT.
3. Estar en posesión do permiso de conducir en vigor, clase B.
*Documentación:
- As esixidas nas bases da convocatoria que estarán dispoñibles no portal de transparencia e no taboleiro de edictos electrónico do concello (https://sede.concellodobarco.org).
*Presentación de instancias:
- Por calquera dos medios recollidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo
común das administracións públicas, durante o prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
- As bases e o anuncio da convocatoria publicaranse no portal de transparencia e no taboleiro de edictos electrónico do concello (https://sede.concellodobarco.org). No suposto de non ser posible publicar as bases no portal de transparencia e no taboleiro de edictos electrónico do concello o mesmo día que saia publicada a convocatoria no BOP de Ourense, entón o prazo de presentación de solicitudes comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación das bases no portal de transparencia e no taboleiro de edictos electrónico do concello.

Volver