OFERTA DUN CONTRATO TEMPORAL NO CONCELLO DA BOLA
É para un/ha oficial de primeira
O concello da Bola fai público no BOP do 16 de febreiro que por rsolución da alcaldesa do 11 de febreiro de 2022, aprobáronse as bases para a selección e posterior contratación dun/dunha oficial/a de 1ª.
Duración do contrato: desde o 1 de marzo de 2022 ata o 31 de decembro de 2022.
Clase de persoal: laboral temporal.
Prazo de presentación das solicitudes: nos cinco días hábiles seguintes ao de publicarse o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres; ou por calquera dos establecidos na lei.
Máis información nas bases da convocatoria, que poderán ser consultadas no concello da Bola, en horario de oficina.

