Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUN CONTRATO TEMPORAL DE ALBANEL OFICIAL DE SEGUNDA NO CONCELLO DE VILAMARÍN

27 Mai 2020

Ofertan un contrato por obra ou servizo a tempo completo

O concello de Vilamarín fai público no BOP do 27 de maio, unha vez aprobadas as bases que rexerán a contratación por concurso dun/ha albanel oficial de segunda en réxime laboral temporal, o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso.

1. Número de prazas: unha.

2. Denominación: albanel oficial de segunda.

3. Modalidade de contratación: contrato por obra ou servizo, de duración determinada a xornada completa

4. Sistema de selección: concurso.

5. Duración do contrato: cinco meses.

6. Prazo e lugar de presentación das solicitudes: cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello de Vilamarín, situado na Avda. de Santiago Apostol, nº 5. 32101 – Vilamarín, en horario de 09:00 a 14:00 horas, ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/2015, do 1 de octubre, del procedimiento administrativo común de las administraciones públicas

7. Bases: o texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica https://vilamarin.sedelectronica.es      

Volver