OFERTA DUN CONTRATO DE TRABALLADOR/A SOCIAL NO CONCELLO DE LAROUCO
Asemade crean tamén unha bolsa de emprego
O concello de Larouco fai pública no BOP do 3 de febreiro a convocatoria para a contratación laboral temporal dun/dunha traballador/a social e formación dunha bolsa de emprego mediante o sistema de concurso oposición, segundo as bases que foron aprobadas pola resolución da alcaldía núm. 2022-0012 do día 31/01/2022. O prazo de presentación de solicitudes é de sete (7) días naturais, contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. As bases están a disposición dos/as interesados/as na sede electrónica do concello de Larouco (https://larouco.sedelectronica.gal/info.0) e no taboleiro de edictos do concello.

