Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUN CONTRATO DE SEIS MESES NO CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN

20 Xan 2021

É para un posto de auxiliar de axuda a domicilio

O concello de Calvos de Randín fai pública no BOP do 20 de xaneiro a convocatoria para a contratación laboral dun/dunha auxiliar de axuda a domicilio, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 21-12-2020:

1º.- Número e denominación das prazas: auxiliar de axuda a domicilio.

2º.- Modalidade de contratación: contrato laboral a xornada completa.

3º.- Duración do contrato: seis meses.

4º.- Sistema de selección: concurso de méritos.

5º.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días naturais, contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, se o último día cae en sábado ou domingo, pasará ao luns seguinte, no Rexistro do Concello de Calvos de Randín, en horario de 09:00 a 14:00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. No caso de presentar a instancia noutro organismo oficial, remitirá ao correo deste concello (concello.calvosderandin@eidolocal.es) copia desta o mesmo día da súa presentación, debidamente selada polo organismo oficial.

6º.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Volver