Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUN CONTRATO DE NOVE MESES NO CONCELLO DE MUIÑOS

18 Feb 2021

É para o posto de animador/a sociocultural e socorrista das piscinas municipais

O concello de Muiños fai público no BOP do 18 de febreiro que, por acordo da xunta de goberno local, con data de 12 de febreiro de 2021, aprobáronse as bases para a selección de persoal laboral temporal mediante concurso-oposición para cubrir unha praza de animador/a sociocultural e socorrista piscinas municipais.
1.- Nº de prazas ofertadas: 1
2.- Modalidade da contratación: contrato por obra ou servizo de duración determinada.
3.- Duración do contrato: 9 meses.
4.- Sistema de selección: concurso-oposición.
5.- Bases da convocatoria: poderán consultarse no taboleiro de anuncios, na páxina web do concello (concellomuinos.com) e na sede electrónica deste concello: http://concellomuinos.sedelectronica.gal.
6.- Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres, ou por calquera outro medio admitido en dereito.

Volver