Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUN CONTRATO DE CHÓFER DE CAMIÓN NA MANCOMUNIDADE DE OURENSE

07 Xan 2021

Substituirá unha baixa

A Mancomunidade de concellos de Ourense fai pública no BOP do 7 de xaneiro a convocatoria para a contratación que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por Resolución do Presidente,con data 28 de decembro de 2020:

1.- Número e denominación da praza: un/unha (1) condutor/a de camión.

2.- Modalidade da contratación: contrato de interinidade, para a substitución dun traballador da mancomunidade que causou baixa.

3.- Sistema de selección: concurso-oposición.

4.- Lugar e prazo de presentación de solicitudes: no rexistro xeral da mancomunidade ou por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administración públicas durante o prazo de 5 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases que se atopan publicadas no taboleiro de anuncios da mancomunidade e na sede electrónica: https://mancomunidadmunicipioscomarcaorense.sedelectronica.gal

Volver