OFERTA DUN CONTRATO DE 9 MESES NO CONCELLO DO BOLO
Trátase dun posto de operaria/o de servizos múltiples
O concello do Bolo fai pública no BOP do 14 de marzo a convocatoria para a contratación laboral que se indica:
1. Número e denominación da praza: un/unha operario/a de servizos múltiples ao abeiro do Programa provincial de empregabilidade 2022
2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada completa, de duración determinada.
3. Duración do contrato: 9 meses
4. Sistema de selección: concurso
5. Lugar e data de presentación de solicitudes: no rexistro xeral do concello do Bolo, a través da súa sede electrónica ou por calquera dos medios admitidos en dereito, nos cinco días naturais seguintes contados a partir da publicación deste anuncio no BOP.
6. Exposición das bases: o texto completo das bases estará exposto no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do concello do Bolo (https://obolo.sedelectronica.gal)

