Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DO CONCELLO DA BOLA PARA UNHA SUSTITUCIÓN

14 Abr 2016

Necesitan sustituir a baixa da actual traballadora social

O concello da Bola por resolución da alcaldía de data 8 de abril de 2016, aprobou as bases para a selección e  posterior contratación dun/dunha traballador/a social.
A duración do contrato será o tempo de baixa da actual traballadora social, sendo persoal laboral temporal.
O prazo para a presentación das solicitudes será de tres días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (14/04/16).

As instancias deberán presentarse no Rexistro Xeral do concello, sito na estrada de Celanova s/n 32812 A Bola, teléfono 988 451 129  en horario, de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, sábado de 10.00 a 13.00 horas, ou por calquera dos medios previstos na lei. Máis información nas bases da convocatoria, que poderán ser consultadas no Concello da Bola en horario de oficina.

Volver