Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE TRES PRAZAS NO CONCELLO DO CARBALLIÑO

02 Xun 2016

Solicitan tres operari@s de limpeza viaria

O concello do Carballiño oferta a contratación de tres operari@s de limpeza viaria (persoal laboral temporal). A denominación do posto é operari@ de limpeza do Programa provincial de cooperación cos concellos en materia de empregabilidade. O contrato será de obra ou servizo determinado tendo unha duración de 3 meses a xornada completa. A titulación necesaria é  Graduado Escolar, graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou equivalente. Ademais dos requisitos sinalados neste anuncio, deberán cumprirse os demais que se establecen nas bases reguladoras do proceso selectivo. O procedemento selección será por concurso de méritos, estando exento de taxas. O prazo de presentación de instancias é 5 días naturais, contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia (2/6/16), (Se a instancia se presentase nun rexistro distinto do Rexistro Xeral do concello (ao amparo do artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, será obrigatorio comunicar por fax ao concello a presentación desta instancia, comunicación que deberá realizarse dentro do prazo anteriormente sinalados.) (O número de fax do concello é 988 530 008. A comunicación do fax deberá dirixilo ao alcalde ou á Secretaría) O resto da información pode consultarse nas bases do proceso selectivo, publicadas no taboleiro de anuncios do concello e/ou na páxina web do concello: www.carballino.org

Volver