Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE TRES PRAZAS NO CONCELLO DE XUNQUEIRA DE ESPADAÑEDO

08 Xun 2016

Son tres operarios de servizos múltiples

O concello de Xunqueira de Espadañedo fai unha convocatoria para a contratación laboral segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 06 de xuño de 2016, para 3 prazas de operarios de servizos múltiples. A modalidade de contratación serán contratos laborais temporais a xornada completa. A duración dos mesmos serán de  4 meses, 3 meses e 1 mes. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos e entrevista. As retribucións totais estarán arredor de 1000 €/mes (dependendo do inicio contrato). O lugar e prazo de presentación de instancias é de 3 días hábiles, contados dende o seguinte á publicación do anuncio no BOP (8/06/16), no rexistro do concello de Xunqueira de Espadañedo, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. A exposición do texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello

Volver