OFERTA DE TRES PRAZAS NO CONCELLO DE RAIRIZ DE VEIGA
Son prazas para persoal de atención educativa á infancia
O concello de Rairiz de Veiga fai pública no BOP de hoxe a convocatoria para a contratación laboral, segundo decreto da alcaldesa de data 03/08/2016. Son 3 prazas de persoal de atención educativa á infancia (1) e persoal de apoio de atención educativa á infancia (1 a xornada completa e 1 a xornada parcial) para a escola infantil do concello de Rairiz de Veiga. O contrato laboral a formalizar será contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado sendo a xornada a seguinte:
• Persoal de atención educativa á infancia e 1 persoal de apoio de atención educativa á infancia: completa, 40 horas semanais, de luns a venres.
• 1 Persoal de apoio de atención educativa á infancia, parcial, 20 horas semanais, de luns a venres.
O sistema de selección será por concurso-oposición, e a duración do contrato ata fin do curso escolar 2016/2017 (ata o día 31/07/2017).
O salario bruto mensual:
• Persoal de atención educativa á infancia, 1.262,49 € (incluídos tódolos conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias).
• Persoal de apoio de atención educativa á infancia a xornada completa: 909,00 € (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias).
• Persoal de apoio de atención educativa á infancia a xornada parcial: 454,50 € (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias).
O prazo e lugar para presentación de solicitudes é 5 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello en horario de 9.00 a 14:00 horas. O texto íntegro das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello.

