Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE TRES PRAZAS NO CONCELLO DE PORQUEIRA

07 Nov 2016

Son para operari@s para o servizo de limpeza e mantemento de espazos públicos

O concello de Porqueira publica nova convocatoria no BOP do 7 de novembro para a contratación laboral, en cumprimento do decreto da alcaldía con data 21/10/2016. Trátase de 3 prazas para operari@s para o servizo de limpeza e mantemento de espazos públicos. Serán contratad@s na modalidade de contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado a xornada completa, 40 horas semanais, de luns a venres. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos. A duración do contrato será de 6 meses, e o salario bruto mensual (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias) de 920,68 €. O prazo e lugar para a presentación de solicitudes e alegacións ás bases de selección será de cinco días hábiles dende a publicación do anuncio no BOP (7/11/16), no rexistro xeral do concello de Porqueira, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. O texto íntegro das bases de selección está a disposición dos interesados nas oficinas do concello de Porqueira. (Estrada de Xinzo a Bande, número 4, Forxa-Porqueira), teléfono 988 466 102, web www.concellodeporqueira.es

Volver