OFERTA DE TRES POSTOS TEMPORAIS NO CONCELLO DE VIANA DO BOLO
Son prazas de socorrista e pións
O concello de Viana do Bolo fai públicas no BOP do 26 de xuño as bases para a selección como persoal laboral temporal de dous/dúas pións para a realización de traballos de interese social por un prazo máximo de nove meses de duración, e temporal dun/ha socorrista para a realización de traballos de interese social por un prazo máximo de dous meses de duración.
Bases para a selección como persoal laboral temporal de dous peóns para a realización de traballos de interese social por un prazo máximo de nove meses de duración, para actuacións dentro do servizo municipal para tarefas de biomasa e outras de valorización forestal, de conformidade coa subvención concedida ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2017, pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego do medio rural (Aprol rural) e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2018, da Consellería de Economía, Emprego e Industria. As bases que rexerán a contratación estarán á disposición dos interesados na páxina web deste concello: http://www.vianadobolo.es/index.php/gl/ e no taboleiro de anuncios. A contratación someterase ao procedemento de urxencia na súa tramitación para os efectos e posibilitar o inicio do servizo para o 25 de xuño do presente ano
Bases para a selección como persoal laboral temporal dun socorrista para a realización de traballos de interese social por un prazo máximo de dous meses de duración, de conformidade coa subvención concedida ao abeiro da Orde do 12 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais e procédese á súa convocatoria para o exercicio do ano 2018, da Consellería de Economía, Emprego e Industria. As bases que rexerán a contratación estarán á disposición dos interesados na páxina web deste concello: http://www.vianadobolo.es/index.php/gl/ e no taboleiro de anuncios. A contratación someterase ao procedemento de urxencia na súa tramitación para os efectos de posibilitar o inicio do servizo para o 1 de xullo deste ano.

