Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE TRES POSTOS TEMPORAIS NO CONCELLO DA TEIXEIRA

15 Xul 2021

Son prazas de pións

O concello da Teixeira fai público no BOP do 15 de xullo a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas pola resolución da alcaldía do 8 de xullo de 2021:
1. Número de prazas: 3
2. Denominación: pión/peoa
3. Modalidade de contratación: laboral temporal
4. Duración do contrato: 3 meses
5. Sistema de selección: concurso de méritos
6. Prazo e lugar de presentación das solicitudes: 5 días naturais, que contarán a partir do seguinte ao de publicarse este anuncio no Boletín Oficial da Provincia, no rexistro do concello da Teixeira, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou a través de calquera dos medios que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
7. Bases: o texto íntegro das bases está publicado no taboleiro de anuncios do concello e mais na sede electrónica.

Volver