OFERTA DE TRES POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE VILAMARÍN
Son contratos de 4 e 6 meses
O concello de Vilamarín fai público no BOP do 16 de marzo que, unha vez aprobadas as bases que rexerán a contratación, por concurso, de 1 chofer de tractor rozadoira, 1 pión/pioa forestal en réxime laboral e a contratación por concurso de 1 albanel oficial/a de 2.ª en réxime laboral temporal a xornada completa, o resumo das convocatorias para coñecemento xeral e chamamento ao concurso:
1 Número de prazas: 1+1+1.
2 Denominación: chofer de tractor rozadoira, pión/pioa forestal e albanel oficial/a de 2.ª.
3 Modalidade de contratación: contrato por obra ou servizo,de duración determinada, a tempo completo.
4 Sistema de selección: concurso.
5 Duración do contrato: 4 meses e 6 meses.
6 Prazo e lugar de presentación das solicitudes: 5 días naturais, que contarán a partir do seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP, no rexistro Xeral do concello de Vilamarín, situado na av. de Santiago Apóstol, 5 (32101 Vilamarín), en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou a través de calquera dos medios que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
7 Bases: o texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica: vilamarin.sedelectronica.es

