Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE TRES POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE MANZANEDA

09 Abr 2021

Son postos de pións e chófer de tractor rozadora

Mediante decreto da alcaldía do concello de Manzaneda, do 18 de marzo de 2021, fai pública no BOP do 9 de abril a aprobación das bases para a selección dun/dunha chofer/esa de tractor rozadora e dous pións, como persoal laboral do concello de Manzaneda. Os/as aspirantes deberán reunir, ademais dos requisitos establecidos na base terceira, os requisitos académicos:

- Chofer tractor rozadora: estar en posesión do título da ESO ou equivalente, ou estar en condicións de obtelo na data na que acabe o prazo de presentación das solicitudes, e carné de conducir B.

- Pión: estar en posesión do título de certificado de escolaridade ou equivalente, ou estar en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.

As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante instancia dirixida ao alcalde e deberán presentarse no rexistro do concello (os días laborais de 9.00 a 13:30 horas), ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; durante o prazo de 10 días naturais, que se iniciará ao día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. As bases estarán a disposición dos/as interesados/as na secretaría municipal, en horario de 9.00 a 13:30 horas, das que se poderán solicitar copias en calquera momento, dentro do horario de oficina, chamando ao teléfono 988 333 043 ou na páxina web do concello www.concellodemanzaneda.es

Volver