Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE TRES POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE BALTAR

03 Xun 2020

Son para pións forestais

O concello de Baltar publica no BOP do 3 de xuño a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 26/05/2020 para a realización do programa provincial de cooperación en materia de empregabilidade do exercicio 2020.

1. Número e denominación das prazas: tres (3) pións forestais.

2. Modalidade das contratacións: contrato laboral temporal, xornada parcial. Xornada diaria de traballo 6,5 horas, de luns a venres. (Duración 5 meses).

3. Sistema de selección: concurso de méritos.

4. Retribucións totais: 928,59 € brutos/mes (incluídas pppe).

5. Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días naturais contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do Concello de Baltar, en horario de 09:00 a 14:00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.

6. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal (https://baltar.sedelectronica.gal ).

Volver