OFERTA DE TRES POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE AVIÓN
Son para pións de obras públicas
O concello de Avión fai pública no BOP do 25 de abril a convocatoria para a contratación laboral que se indica:
1.- Número e denominación das prazas: 3 pións de obras públicas para a súa adscrición ao programa provincial de empregabilidade, 2019.
2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada completa, de duración determinada por obra ou servizo determinado.
3.- Duración do contrato: 3 meses.
4.- Sistema de selección: concurso.
5.- Lugar e prazo de presentación de solicitudes: no rexistro xeral do concello de Avión ou por calquera dos medios admitidos en dereito, nos 5 días naturais contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP.
6.- Exposición das bases: o texto completo das bases estará publicado no taboleiro de anuncios e no portal de transparencia do concello de Avión: https://avion.sedelectronica.es/transparency/

