OFERTA DE TRES POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE AVION
Son para pións
O concello de Avión fai público no BOP do 5 de abril a convocatoria para a selección do persoal que se indica, con cargo á subvención da deputación ao abeiro do seu programa de empregabilidade, así como para formar unha bolsa de emprego para futuras contratacións:
1. Prazas para cubrir: 3 pións/pioas.
2. Duración do contrato: 5 meses e 15 días.
3. Modalidade de contratación: contrato laboral de duración determinada por circunstancias da produción.
4. Sistema de selección: valoración de méritos e realización dunha proba de aptitude física.
5. Lugar e prazo de presentación de solicitudes: no rexistro xeral do concello de Avión ou por calquera dos medios admitidos en dereito, nos 5 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP.
6. Exposición das bases: o texto completo estará publicado no taboleiro de anuncios e no portal de transparencia do concello de Avión.